Pedro Brandariz, O Musical?

Espectáculo de rúa onde a interacción co público é continua e permanente. Todo está preparado para a interpretación dun “gran musical” levado a cabo por Pedro Brandariz pero comezan a suceder unha serie de feitos inesperados que levarán a “gran cita” ó traste.

Durante a función aparecen diferentes personaxes que provocan unha manchea de situacións cómicas e hilarantes.

Un membro de Protección Civil, un enfermeiro de Urxencias, un repartidor de paquetes… e moitos máis personaxes tolos que farán imposible o “musical”, aínda que finalmente Brandariz conseguirá interpretar o seu “gran espectáculo”.

“Pedro Brandariz, O Musical” trátase dun espectáculo moi versátil que pode levarse a cabo tanto na rúa como en espazos de interior (teatros, auditorios, salas…).

A interacción co público faise seguindo todos os protocolos de hixiene e seguridade derivados da actual crise da COVID19.

Dirección: Walter Velázquez
Guión: Walter Velázquez e Pedro Brandariz
Elenco: Pedro Brandariz
Produción: Eli Monteagudo e Laura Barreiro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *