Alegría Sobre Rodas

“ALEGRÍA SOBRE RODAS”. O espectáculo

Falamos dunha proposta multidisciplinar que combina humor, comedia, música, circo, artes visuais… nun formato divertido, dinámico, sinxelo e autónomo, para ofrecer todas as facilidades e comodidades ás entidades contratantes.

Xuntamos nun espectáculo de 90 minutos o humor de Pedro Brandariz, que fará un monólogo cómico, a música de Mamen Bazarra que dará un concerto, e os malabares e acrobacias de Mere Clown, que pechará o espectáculo.

“Alegría sobre Rodas” é unha montaxe para todos os públicos que ten como principal característica a súa versatilidade e posibilidade de adaptación a calquera tipo de espazo e/ou circunstancias. Trátase dunha proposta moi dinámica, divertida e moi atractiva a nivel visual para que pequenas/os e maiores poidan pasar un anaco divertido en condicións de seguridade.

O espectáculo comezaría cun monólogo cómico de Pedro Brandariz, que ademáis exercerá de mestre de cerimonias. Trátase dun monólogo temático sobre as circunstancias actuáis e cun humor “blanco” para todos os públicos. Despois de trinta minutos de risas será o turno de Mamen Bazarra que con ritmos rumbeiros e tropicais traerá a festa e a “parranda”. E para
rematar recurriremos ós números visuais de Mere Clown que ofrecerá un espectáculo de malabares e acrobacias que suporá un magnífico colofón a esta proposta.

PEDRO BRANDARIZ (Monólogo para Rir e Desconectar)

Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis recoñecidos do panorama escénico galego. Leva máis de 20 anos percorrendo a xeografía galega cos seus espectáculos humorísticos, así con grandes intervención en medios televisivos.

Nesta montaxe presentará un monólogo cómico creado específicamente para os tempos que estamos a vivir no que analiza a crise do coronavirus dende un punto de vista humorístico e para todos os públicos.

MAMEN BAZARRA (Música para Festexar)
Coruñesa de nacemento e canaria de adopción, compaxina as artes plásticas coa música como maneira de compartir esa alegría que desprende todo o que fai.

Coa súa voz, guitarra e sorriso transmite, dende o máis profundo, todo o bonito da vida, compartindo as súas melodías festeiras con todo o público.

Con ela viaxaremos pola rumba e pola cumbia con letras cargadas de
optimismo e vida. Un concerto do que gozará o público entre o humor e o
espectáculo visual e circense, para bailar e troulear.

MERE CLOWN (Circo para ver e para sentir)
Un torpe artista itinerante fai a súa pouco triunfal entrada na cidade.
Unha fregona que cobra vida, un monstro no medio do público, un
chapuzón inesperado… forman parte dun espectáculo circense no
que se combinan malabares, acrobacias, equilibrios e moito
clown.

ESPECTÁCULO AUTÓNOMO E AO AIRE LIBRE
“Alegría Sobre Rodas” é un espectáculo para levarás prazas, ás rúas e a todo tipo de espazos abertos, co obxectivo de que poida chegar a un público numeroso cumprindo todas as medidas hixiénicas e sanitarias.


Trátase dunha montaxe para realizar a pé de rúa e dende DINAMOproducións dotarase á función dos medios técnicos necesarios, como iluminación, microfonía e son.

O espectáculo contará con un técnico de son e luces para garantir o seu correcto desenvolvemento.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *