Por Vía Oral

“Por Vía Oral” é un espectáculo de pura comedia, no que dous dos grandes cómicos do momento, Brandariz e Triana, analizan o sistema sanitario actual dende un punto de vista humorístico.

Un paciente ingresa no hospital e ten que afrontar unha serie de situacións embarazosas, das que todas e todos vivimos cando acudimos ós centros de saúde ou ós hospitais. Desta maneira faise un percorrido polo sistema sanitario do máis cómico, e sobre todo con esceas moi cotiás e identificables para o público.

Un espectáculo totalmente terapéutico que ten como único efecto secundario a risa e a gargallada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *