
SINOPSE:
“Eu Queríame Casare” é unha comedia total que relata a historia de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón e Lola están cerca dos corenta anos e están buscando unha relación máis… menos… unha relación á que poder agarrarse como clavo ardendo antes de que pase o tren, se pase o arroz e pase… o que teña que pasar.
Coñécense nun destes programas televisivos de “cita a cegas”, a cousa non funciona, pero Antón e Lola, Lola e Antón son de todo menos predicibles e pode rematar pasando calquera cousa. Poñámonos no peor.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor: José Prieto
Elenco: Lucía Veiga e Pedro Brandariz
Escenografía e atrezzo: Eli Monteagudo
Xénero: Teatro Cómico
Duración: 75 minutos
PEDRO BRANDARIZ
Un dos cómicos galegos
máis
recoñecidos,
con 20 anos de experiencia “facendo
o humor” por toda Galicia. Monologuista,
actor, cómico… ten protagonizado numerosas montaxes
teatrais
e proxectos
televisivos (programas, series…)
LUCÍA VEIGA
Actriz cunha gran proxección escénica que acumula participacións en diferentes montaxes teatrais de comedia e sobre todo de improvisación cómica. Tamén traballa en diferentes programas e series de produción galega e estatal: Malo Será, Luar, Serramoura, A Estiba…
JOSÉ PRIETO. O Autor
Trátase autor de comedia máis representado en Galicia, sempre con gran éxito de público e crítica. Laureado con diferentes premios escénicos é un dos guionistas máis solicitados do panorama escénico e audiovisual galego.
DINAMOproducións
Compañía
teatral que dende a súa
creación no ano 2006 ven creando diferentes montaxes
principalmente de comedia, moi
versátiles para acceder a todo tipo de espazos
escénicos.